OLLADAS DO ALZHEIMER
SET 11 - Para o día mundial do Alzheimer, xunto co estudio Era Comunicación, deseñamos unha exposición, iniciativa da asociación Afamo, co obxectivo de achegar unha visión real da enfermidade e a información necesaria que toda a poboación debería coñecer. Só deste xeito seremos conscientes da importancia do diagnóstico precoz e dos hábitos que poden mellorar a calidade de vida do afectado e dos seus familiares.
HISTORIA FOTOGRÁFICA
XUN 11 - Deseño do primeiro volume sobre a histórica fotográfica de Moaña, unha recompilación de máis de trescentas imaxes que abranguen dende comezo do século xx ata os anos 60.
ARTE MOAÑA '11
ABR 11 - Deseño de cartel e catálogo para a mostra Arte Moaña '11. Por primeira vez, esta vila conta cun espazo propio que habilita a expresividade artística contemporánea. Un interesante e alternativo espazo situado no segundo andar do edificio que tamén acolle á praza de abastos.
Organiza Xulio Lago
Fotografía [Gf] Studio
FEET, FORO DE EDICIÓN E TIPOGRAFÍA
DEC 10 - FEET é unha iniciativa da Asociación Galega de Deseñadores que ten lugar durante o mes de decembro en Pontevedra. Un espazo para a reflexión editorial e tipográfica, unha mostra de traballos experimentais e talleres impartidos por La Más Bella e Andreu Balius.
VIVAN LOS TOROS!
NOV 10 - Vivan los Toros, cartells per a la reflexió é unha mostra na que 50 deseñadores e ilustradores de todo o país achegan o seu punto de vista sobre a festa nacional. Todo un luxo compartir espazo con semellante elenco. Pódese visitar na sala Nau da Univesidade de Valencia e está comisariada polo deseñador Boke Bazán.
VIGO TEAM DESERT DREAM
OUT 10 - Encantados de colaborar co equipo ciclista de Vigo que participará na proba máis dura do mundo en mountain bike: a Titan Desert 2011. Esta proba percorrerá terras de Marrocos, nun modelo semellante ao Paris-Dakar. Moita sorte a Fernando Núñez, Fernando del Barrio e Marcos Serrano.
AGI PORTO 2010
OUT 10 - O proceso de traballo como proxecto en si mesmo foi a temática do congreso organizado en Oporto pola Alliance Graphique Internationale. Puidemos escoitar de primeira man as experiencias de Marian Bantjes, Pierre Bernard, Michael Bierut, Peter Knapp, Mariscal, Abbott Miller, Éttiene Mineur, Bruno Monguzzi, Matt Pyke, Stefan Sagmeister, Ahn Sang-Soo e Paula Scher.
AMENCE OUTONO
OUT 10 - Gústanos o outono. Novas cores, novos proxectos e novo ano.
VOLTA, NOVO DISCO DE BUDIÑO
AGO 10 - Tivemos a sorte de participar na creación do novo proxecto discográfico de Xosé Manuel Budiño; compartindo unha gran experiencia con xente da altura de Cristobal Vidal, Silvia Fervenza, Guy Pranzili, Jacobo e Damián Gayo. Todo un pracer.
ALBARRACÍN 2010
XUl 10 - Un dos obradoiros máis interesantes e acolledores que se organizan no país. Gracias a Isidro Ferrer e Grassa Toro que, cada ano, reúnen a grandes profesionais do deseño e a ilustración e nos achegan propostas verdadeiramente enriquecedoras.
IV CONGRESO DE TIPOGRAFÍA
XUl 10 - Como cada dous anos, unha cita obrigrada e punto de encontro para deseñadores e tipógrafos de todo o mundo. Especialmente emotiva a de este ano, moitos parabéns á organización!
Congreso Internacional de Tipografía
CREATIVIDADE GALEGA
MAI 10 - Algúns traballos nosos do ano pasado foron seleccionados para a última edición de Creatividade Galega. Pois que estamos moi contentos!
DESIGNERS FOR HAITÍ
XAN 10 - Unha plataforma creada por deseñadores para a recadación de fondos para a Cruz Vermella. Pouco máis podemos engadir, colabora!
Designers for Haití [graffica.info]
0032, INSPIRAR EXPIRAR
XAN 10 - 0032 é unha publicación da Asociación Galega de Deseñadores, que ten orixe na Internet pero con vocación de ser impresa ao acadar as 32 páxinas dun prego compaxinado. Para este primeiro número, o estudio colabora na reflexión sobre a identidade persoal e xeográfica do individuo creativo. A transcrición dunha conversa entre Uqui Permui e Martiño Villaverde mantida por correo electrónico. Atopamos tamén, artigos e pezas de: Óscar Otero, Gisela Ahumada, Marcos Dopico, Natalia Crecente e Segundo Fernández.
Coordina proxecto e deseño de artigo: Uqui Permui
0032.pdf
PECHA KUCHA NIGHT II
DEC 09 - Quen dixo que as segundas partes nunca foron boas? Tivemos novamente o pracer de organizar o PKN de Pontevedra o pasado día 11 de decembro. Contamos coa participación de Andrea Dasilva (fotografía e deseño), Baldo Ramos (arte e poesía), Que palleiro (deseño e audiovisual), Eva Morell (fotografía), Lucía García (arte), Marcos Dopico (tipografía), Pepe Solla e Pepe Vieira (cociña de vangarda), Rita Pajarita (moda), Projecto ['Trepia] (música), N550 (i+d+i), Arturo Álvarez (deseño emocional) e Anxo Fariña (ilustración).
Publicación: revista DOT, Chachachá Studio
Vídeo: [sic]*
TERRAS GAUDA
DEC 09 - Un traballo do estudio foi seleccionado como finalista de entre máis de 1.400 participantes, de 45 países de todo o mundo, no oitavo concurso Francisco Mantecón. Nesta esta edición do certame, a adega Terras Gauda convidou a formar parte do xurado a Pep Carrió (estudio Carrió Sánchez Lacasta) e Javier Martínez Vidal (revista Elle). Gañar non gañamos, pero os pinchos estaban moi bos.
"DIÁLOGOS" NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
XUL 09 - O primeiro de xullo inaugúrase o proxecto expositivo "Diálogos", organizado pola DAG coa finalidade de visibilizar o deseño galego na sociedade. Forman parte deste proxecto: unha exposición de identidades visuais, "Entorno da Baskerville" o resultado do taller sobre tipografía "O ollo na rúa" e a festa da creatividade "Pecha Kucha Night". O traballo que desenvolvimos para Patricia Cela foi seleccionado para formar parte desta mostra.
PECHA KUCHA NIGHT Pontevedra
MAI 09 - Temos o pracer de colaborar co proxecto “Diálogos” organizando o primeiro evento PKN de Galicia, que terá lugar o vindeiro 10 de xullo en Pontevedra. Para participar podedes enviar, antes do 15 de xuño, un mínimo de 5 imaxes e unha descrición do voso traballo creativo a:
EN TORNO DA BASKERVILLE
XAN 09 - A asociación de deseñadores de Galicia -ADG- organiza no CGAG unha exposición en torno á tipografía do século XVIII Baskerville, un conxunto de intervencións de diferentes deseñadores galegos sobre o libro coma obxecto. A manipulación conceptual sobre un obxecto seriado, clónico, que vólvese único e orixinal ó pasar polas mesmas mans que fixo posible a súa reprodución. Esta mostra permanecerá aberta ata o un de marzo.
POR UN DOMINIO .gal
DEC 08 - A asociación "PuntoGal" está facendo unha importante labor para conseguir un dominio galego en Internet, como xa conseguiron outras comunidades coma a catalana. Apoiamos esta iniciativa e animamos a que visitedes o seu site e rubriquedes tamén o voso apoio.
DESEÑO HOLANDÉS EN A CORUÑA
DEC 08 - A fundación Barrié de la Maza trae a Coruña máis de centro corenta pezas do deseño industrial holandés contemporáneo, nos que se atopan algúns deseñadores xa consagrados no mercado internacional. Ata o 25 de xaneiro en Coruña e a partir do 19 de febreiro en Vigo.
O VALOR DO DESEÑO
DEC 08 - Publicado pola asociación de deseñadores da Comunidad Valenciana (ADCV) este libro é unha guía práctica para empresas e deseñadores que recolle toda a información necesaria sobre a xestión do deseño, as tarifas do mercado, os dereitos de autor ou como planificar un concurso público.
Deseño: Boke Bazán
Maquetación: Jesús Garrido